A casualidade e o exilio reúne en Londres traballando na Sección española da BBC ao catalán Josep Manyé e ao sinalado Alexandre Reimúndez. Xuntos conciben a idea de "riparlle" unhas horas semanais ao castelán para darlle introdución a emisións estritamente culturais nas outras tres linguas do estado. Así os programas en catalán irían intercalados entre os galegos e os vascos nunha cadencia que lle outorgaría a esta lingua, de acordo co seu peso demográfico, a mesma porcentaxe de emisión que ás outras dúas linguas xuntas. A sensibilidade e bos disposición de George Hills, xefe da sección española, fixo que a cousa fose adiante e así entre 1947 e 1956 radiáronse 83 programas [...].
Desde Londres prestou a súa voz nalgunha ocasión Rafael Dieste, coincidindo co seu exercicio de docencia en Cambridge; e os ingleses Stephen Recket, Frederick Fuller e Nina Epton. Tamén, desde alí, radiáronse gravacións efectuadas en Galicia pro Nina Epton na súa viaxe de 1953 (coas voces de Pura Vázquez, Celso Emilio Ferreiro e uns mariñeiros do Grove cantando) e por George Hills en 1955 (voces de Emilio e Xosé María Álvarez Blázquez, Xosé Díaz Jácome, Álvaro Cunqueiro, Ramón González Alegre, Sebastián Martínez Risco, Fermín Bouza Brei e Aquilino Iglesia Alvariño).
Tanto por cuestións de tecnoloxía -emisións en directo na época dos discos pizarra- como sindicais -os locutores falaban para as ondas pero negábanse a seren gravados para arquivo- non se conserva ningunha das gravacións duns programas que se seguían desde Galicia e desde os núcleos da emigración americana, pois a través da Onda curta, deica alá chegaban.Me emociona pensar que hubo quien dio voz al gallego en la BBC...
Vía culturagalega.org (vía Galicia Hoxe)
No hay comentarios:
Publicar un comentario